Dende o Departamento de Cultura prográmanse actividades socioculturais que perseguen a promoción tanto cultural como social, entendida como apertura de novas posibilidades de adquisicións de bens culturais que amplíen as perspectivas educativas, de ocio e de participación social.
Desenvólvese a programación do Auditorio Municipal "Carmen Estévez". Infórmase acerca das actividades que se realizan: concertos, teatro, cine, exposicións... E, así mesmo, coordina as exposicións que se fan na Casa da Cultura.
Departamento de Cultura
Actividades culturais: Programáse un amplo abano de actividades culturais (concertos, teatro, danza,...). Algunhas están subvencionadas polo IGAEM, Consellería de Cultura. Xeralmente as actuacións son en venres, sábado e domingo; hai actividades todas as fins de semana agás nos meses de xullo e agosto.
Informa e distribúe publicacións municipais relativas ós seus programas culturais.
Festas:
-Festival de Nadal:Ten lugar a Cabalgata dos Reis o día 5 de xaneiro, e tamén se realizan actividades para os máis pequenos (talleres, animación ...)
-Festa de Entroido: Celébrase cada Martes de Entroido, onde ten lugar, pola vila, un popular desfile de charangas, comparsas e disfraces individuais e o mércores ten lugar o enterro da sardiña.
Premios e concursos::
-Concurso de poesía sobre o Nadal:Celébrase cada mes de decembro e a el concorren rapaces de ata 12 anos dos centros educativos do Concello de Vilalba.
-Certame literario (San Ramón): Certame de narrativa e poesía en galego, celébrase cada 24 de agosto. Está dotado dun premio de 3.005 euros para a modalidade de narrativa inédita en galego e de 900 euros para o mellor poema inédito escrito en lingua galega.
Instalacións
Biblioteca Municipal: Situada na rúa Cidade Cultural M. Fraga Iribarne, foi creada no ano 1.969. Os fondos bibliográficos ascenden a 13.500 volumes rexistrados. Conta con servizos de consulta en sala e préstamo a domicilio; posúe dúas salas de lectura diferenciadas para o público infantil e adulto.
Enderezo: Cidade Cultural Manuel Fraga Iribarne Teléfono: 982-512232
Horarios:De luns a venres (agás festivos) de 16:00 a 20:00 h. Xullo e agosto: de 10:00 a 14:00 horas.
Auditorio Municipal É obra do arquitecto Cesar Portela, a súa construción data do ano 1.997. Sitúase nun edificio multiusos que tamén alberga o Conservatorio Municipal. Conta cun aforo de 500 butacas na sala polivalente (auditorio, teatro, cine, sala de concertos...), tamén conta cunha sala de exposicións e 4 locais de ensaio para as asociacións culturais da vila. Lévase a cabo unha programación cultural semanal desde outubro a xuño.
Enderezo: Rúa das Pedreiras, SN Teléfono: 982-512888
Conservatorio Municipal Creado no ano 1.988, ten, na actualidade 200 alumnos e 15 mestres. Sitúase no edificio multiusos, onde se encontra, tamén, o Auditorio Muncipal.
Enderezo: Rúa das Pedreiras, SN Teléfono: 982-512888
Casa da Cultura: Conta con 5 salas de exposicións, 1 salón de actos e 2 salas de lectura.
Enderezo: Praza de Suso Gaioso, nº 1 Teléfono: 982.512456
Horarios: De luns a venres de 110:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 Sábados de 11 a 13:30 h.
Responsable do Servizo
José Maria García-Leira Boado
Concelleiro de Cultura
Enderezo
Concello de Vilalba
Concellería de Cultura
Praza da Constitución, 1
2780 VILALBA
Lugo
Horario
De luns a venres (agás festivos) de 9.00 a 14.00 h.