Dende a concellería de deportes, informámoste tanto dos recursos da vila, como dos clubs e entidades do teu interese.Tamén poderás coñecer e obter información sobre os deportes alternativos que oferta o Concello nas Escolas Municipais de Deportes.
Dende este servizo procúrase satisfacer non só a demanda do cidadán que quere facer deporte recreativo e de esparcimento, senón tamén a do cidadán deportista de competición, arbitrando fórmulas e mecanismos que poidan dun xeito paulatino, facer compatible a existencia do “Deporte para Todos” e o “Deporte de Rendemento”.
O deporte é cultura, o deporte é saúde.
Área de Deportes
O Concello de Vilalba foi pioneiro na creación das Escolas Deportivas Municipais. Neste curso 2006/2007 conta con 700 alumnos matriculados cunhas idades comprendidas entre os 5 e os 71 anos. Así mesmo, o Concello ten convenios de colaboración con diversos clubs da localidade, e no resto dos deportes téñense contratado monitores coa titulación correspondente.
Deportes e clubs con convenio:
BALONCESTO:C.B. VILALBA HOTEL VILLAMARTIN LOITA:CLUB DE LOITA VILALBA XIMNASIA RITMICA:Club Violeta TENIS: Club Tenis Vilalbés FUTBOL: Rácing Club Villalbés FUTBOL-SALA XIMNASIA DE MANTEMENTO E AEROBIC IUDO: CLUB SENRA IOGA
Para o desenvolvemento destas Escolas Deportivas Municipais o Concello de Vilalba conta cunha grande variedade de instalacions. Instalacions deportivas:
COMPLEXO DEPORTIVO A MADALENA
Campo de Fútbol A MADALENA:
Lugar onde xoga os seús partidos o Rácing Club Villalbés. Conta con 2.000 asentos e dúas bancadas. Ten dous vestiarios para uso dos alumnos das Escolas Deportivas Municipais e outros dous para actividades oficiais. Está, tamén, dotado dunhas pistas de atletismo con oito rúas de medidas regulamentarias e fosos para probas de saltos.
2 Campos de Adestramento: Atópase un campo de area e outro de herba onde xogan os alumnos das Escolas Deportivas Municipais e os das categorías inferiores do Rácing Villalbés.
Pistas de Tenis: Conta con tres pistas de "quick" e unha de cemento, onde xoga os seus partidos de 3ª división o Club de Tenis Vilalbés.
Piscina Pública Municipal Climatizada: Neste recinto da Praia Fluvial, son moitos os colexios e colectivos da Provincia que veñen facer uso dela. Conta, tamén, cun ximnasio, unha sauna e un solarium.
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CASCO URBANO
Estadio Roca: Situado no campo da feira, é propiedade do Rácing Villalbés, e adícao a albergar partidos das categorias inferiores do club.
Pavillon Municipal: Situado, tamén, no campo da feira. Aquí é onde xoga os seus partidos de 1ª División Nacional o C.B.Hotel Villamartín Vilalba Breogán e adestra o Club Violeta. Ten unha capacidade para 700 persoas.
Ximnasio Municipal: Emprazado dentro do Pavillon Municipal, conta cunha grande variedade de aparellos e un monitor.
Pavillón Mato Vizoso: Situado no recinto escolar; utilizado polos alumnos do Colexio Mato Vizoso.
Pavillon Insua Bermúdez: Situado dentro do recinto escolar é usado, tamén, polos alumnos do Colexio Insua Bermúdez.
PAVILLÓNS NO MEDIO RURAL
Pavillón Terra Chá: Situado na parroquia de Román é usado polos alumnos do Colexio Terra Chá de Román.
Pavillón Monseivane: Situado na parroquia de Moreda, Lanzós é usado, tamén, polos alumnos do Colexio Monseivane de Moreda
Responsable do Servizo
Jesús Bermúdez Rodríguez
Concelleiro de Xuventude
Enderezo
Concellería de Deportes
Concello de Vilalba
Praza da Constitución, 1
27800 VILALBA
Lugo