Inicio    Servizos    Coñecer Vilalba   Novas    Axenda    Documentos   
 
Inicio > Coñecer Vilalba >

Recursos Humanos




Recursos Humanos

A poboación de Vilalba ascende a un total de 15.864 habitantes, dos cales aproximadamente unha terceira parte reside no casco urbano. A densidade de poboación é de 41,3 habitantes por quilómetro cadrado. Nos últimos anos o concello sufriu unha perda de poboación debido á emigración e á regresión do sector primario e, aínda que na última década houbo unha leve recuperación, a tendencia non parece inverterse totalmente.

En canto á distribución da poboación activa por sectores, é evidente a superioridade do sector primario e máis en concreto das actividades relacionadas coa agricultura e a gandeiría. En segundo lugar sitúase o sector terciario (alimentación, hostalería e comercio en xeral) que ten gran importancia no casco urbano de Vilalba, pois este actúa de centro de servicios para o resto do concello e da comarca.

 Legal    Enlaces    Mapa da Web    Buscar   
 
 
 
© Concello de Vilalba.
A documentación facilitada nesta Web ofrécese a título informativo e non suple
á documentación oficial facilitada polos Órganos Administrativos do Concello de Vilalba.