- Cursos de Formación Ocupacional, Asesoramento para o Autoemprego, Asesoramento a Empresas e Empresarios Autónomos, Programas de emprego no Concello, Programas en cooperación coa Consellería de Asunto Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Plan Labora.
Este departamento adícase fundamentalmente a tarefas relacionadas co emprego e co desenvolvemento local, a través de accións de asesoramento, información, formación, e formulación de proxectos, así como todas as actuacións que impulsen o desenvolvemento económico e a creación de emprego no municipio. Todo iso co obxectivo de mellorar as condicións de vida no Concello.
- Cursos de Formación Ocupacional, Asesoramento para o Autoemprego, Asesoramento a Empresas e Empresarios Autónomos, Programas de emprego no Concello, Programas en cooperación coa Consellería de Asunto Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Plan Labora.
CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL
Detección de necesidades formativas.
Programación e execución de cursos de formación ocupacional.
Programación e execución de accións formativas complementarias específicas para colectivos profesionais.
En anos anteriores programáronse os seguintes cursos:
Auxiliar de axuda a domicilio.
Mantedor reparador de fontanería e calefacción.
Aplicacións informáticas de xestión.
Horticultor (550 horas).
Auxiliar de axuda a domicilio (445 horas).
Instalador de sistemas fotovoltaicos e eólicos (330 horas).
ASESORAMENTO PARA O AUTOEMPREGO
Asesoramento sobre subvencións e axudas para crear a propia empresa
Tipos de empresa. Formas xurídicas.
Trámites necesarios para montar unha empresa.
Plans de empresa.
Promoción de iniciativas locais de emprego e iniciativas de emprego rural.
Neste apartado podemos dicir que se leva asesorado a moitos emprendedores da zona que montaron diversos negocios, destacando os do sector terciario (comercio e hostalería). Tamén destacan 3 empresas promovidas como iniciativas locais de emprego:
AXUDA A DOMICILIO TERRA CHÁ, SL, empresa adicada á prestación de servizos de axuda a domicilio.
XARDINERÍA TERRA CHÁ, SL, empresa adicada á prestación de servizos de xardinería.
RECICLAJES VILALBESA, SL, empresa adicada á servizos de recollida de papel, cartón e plástico.
ASESORAMENTO A EMPRESAS E EMPRESARIOS AUTÓNOMOS
Asesoramento sobre subvencións e axudas económicas axeitadas a cada empresa, en función do sector de actividade.
Axudas á contratación de traballadores.
Axudas á contratación do primeiro traballador indefinido.
Axudas á contratación de colectivos desfavorecidos.
Axudas á contratación a través de plans de estabilidade no emprego.
Estudos socioeconómicos sobre o territorio. Ténse feito un estudo socioeconómico con data de 2001.
PROGRAMAS DE EMPREGO NO CONCELLO. PROGRAMAS EN COOPERACIÓN COA CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Os programas de cooperación son programas públicos de emprego concibidos como unha medida do seu fomento, a través da cal os traballadores desempregados adquiren experiencia profesional, mellorando así a súa empregabilidade. Tamén a través destes poderase contratar servizos públicos con empresas cualificadas como iniciativas de emprego, con centros especiais de emprego ou con empresas de economía social.
O Concello de Vilalba no ano 2003, a través dos programas de Cooperación contratou os seguintes traballadores desempregados: - 12 traballadores para o GMIR, que son os encargados de prestar o servizo de Protección Civil - 1 palista. - 1 oficial de segunda albanel. - Unha empresa de xardinería con 3 traballadores que procedían dunha Escola Obradoiro e constituíronse como empresa de economía social, e foi cualificada como Iniciativa Local de Emprego.
PROGRAMAS DE EMPREGO EN COLABORACIÓN CON ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO. PROGRAMAS EN COOPERACIÓN COA CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS (Asociación de Criadores de Capón de Vilalba).
- Neste caso o Concello colabora coa Asociación de Criadores de Capón de Vilalba, facendo a solicitude e xestións para a contratación dun veterinario para traballar en tarefas relacionadas coa produción de capón de Vilalba.
PLAN LABORA
O Plan Labora é un programa público que ten como obxectivo dotar de experiencia á xuventude a través da súa contratación durante un período de 12 meses. Os requisitos para poder participar neste programa son:
Menor de 30 anos.
Inscritos como demandantes de emprego cunha antigüidade mínima de 4 meses no servizo público de emprego (4 meses como parado/a).
Que o menor non teña experiencia laboral de 180 días ou máis nos últimos 3 anos
O Concello de Vilalba a través deste programa contratou recentemente a 17 traballadores desempregados para OBRAS e SERVIZOS, que son os seguintes:
OBRAS:
- Acondicionamento e mantemento de puntos vinculados paseo fluvial, e os espazos verdes do Concello, así como as rutas de sendeirismo existentes: 4 persoas.
SERVIZOS:
- Servizos de apoio para o Centro Ocupacional de Diminuídos Psíquicos: 1 coidadora de diminuidos (mestra). - Servizo para a confección dun traballo sobre microtoponimia do Concello de Vilalba, dentro dun proxecto a nivel de comarca: 1 técnico en microtoponimia (1 licenciado en Humanidades). - Servizos técnicos e administrativos (Servizos técnicos e administrativos): 1 licenciada en Administración e Dirección de Empresas e 2 administrativas de apoio para o Concello - Servizos de ocio (animación turística, sociocultural, deportiva, auxiliar de biblioteca, e albergue de peregrinos, auxiliar de biblioteca): 1 animadora turística (educadora social), 1 animadora sociocultural (educadora social), 2 monitores deportivos e actividades extraescolares (1 mestra, e 1 licenciado en Bioloxía Ambiental), 2 auxiliares administrativos para o albergue de peregrinos, 1 auxiliar para o conservatorio de música (BUP), 1 administrativa para auxiliar de biblioteca.
ESCOLAS OBRADOIRO E OBRADOIROS DE EMPREGO
Escolas Obradoiro:
Son programas públicos de emprego-formación. A súa fin é a inserción no mercado de traballo de mozos/as desempregados/as, menores de 25 anos, mediante a súa cualificación e adquisición de experiencia profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.O desenvolvemento destes programas articúlase en dúas etapas: - A primeira de carácter formativo ou de iniciación (duración de 6 meses) - A segunda de formación, alternando cun traballo produtivo ou de práctica profesional no que os alumnos-traballadores estean contratados e perciban un salario (duración dun ano).
No Concello de Vilalba existirón dúas Escolas Obradoiro ó longo destes últimos anos, programas dos que se beneficiaron máis de 120 mozos formados en distintas especialidades e que conseguirón a súa inserción laboral máis do 80% deles ó término dos proxectos.
Neste momento está en funcionamento un Obradoiro de Emprego coas especialidades formativas de albanelería, carpinteria, cantería, e xardineria-medioambiente, cun total de 45 alumnos-traballadores.
Obradoiros de emprego:
Son programas públicos de emprego e formación dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación do colectivo de desempregados de vintecinco ou máis anos, especialmente daqueles grupos con especiais dificultades de inserción laboral a través de accións de formación en alternancia coa práctica profesional mediante o desempeño dun traballo real e productivo. (duración dun ano). Os requisitos dos participantes nun Obradoiro de Emprego son: Ter vintecinco ou máis anos e estar desempregado e inscrito na Oficina de Emprego. As obras que se están acometendo son:
Rehabilitación de varios cruceiros do Concello.
Rehabilitación da ponte de Saa na parroquia de Insua.
Acondicionamento de tres rúas no casco antiguo de Vilalba.
Remate das obras de construcción do Centro de Diminuídos de Vilalba.
Acondicionamento e mantemento da área recreativa do Muiño do Rañego, e do Paseo fluvial do río Madalena.
PROGRAMAS EUROPEOS. LEADER +.
Información sobre a iniciativa comunitaria LEADER +, a cal está funcionando na comarca Terra Chá, e ó abeiro desta iniciativa pódense solicitar axudas para diversos proxectos de empresa relacionados con actividades innovadoras e ligadas ó entorno rural.
Instalacións
INSTALACIÓNS PARA FORMACIÓN OCUPACIONAL:
Aulas para impartir as clases teóricas: 2º e 3º andar da casa do concello.
Aulas para impartir as clases prácticas: baixos da casa do Concello.
INSTALACIÓNS PARA AS ESCOLAS OBRADOIRO, E OBRADOIROS DE EMPREGO.
- Nave dos Freires s/n.
INSTALACIÓN PARA O ASESORAMENTO -Primeiro andar da casa do Concello, na cal está instalado o técnico local de emprego.
Responsable do Servizo
Concelleira de Formación Ocupacional
Enderezo
Concello de Vilalba
Formación e Emprego
Praza da Constitución, 1
VILALBA (Lugo)
Horario
De luns a venres (agás festivos) de 9 a 14 h.
Teléfono
Técnico local de emprego:
982-510305
Concello de Vilalba
982-510305
982-510716
982-510761