O departamento de urbanismo encárgase da tramitación administrativa da actividade urbanística, en concreto:
Contratación administrativa.
Solicitude e tramitación de licencias de obras maiores e menores.
Tramitación de expedientes de apertura de establecementos e actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
Solicitude e tramitación de prórrogas de licencias de obras.
Solicitude e tramitación de información urbanística.
Colaboración na tramitación de plans urbanísticos.
Urbanismo e Obras
Normativa Urbanística:
A normativa urbanística vixente pola que se rexen as actuacións do Concello de Vilalba son as recollidas en:
Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal, aprobadas o 13/3/1984 e adaptadas á LASGA de data 25/9/1991.
Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Previsións Urbanísticas:
Redacción do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal): Recentemente foi aprobado no Pleno o estudo e redacción do prego de condicións administrativas e técnicas para a contratación por concurso aberto dos traballos de consultoría e asistencia técnica da realización do plan xeral de ordenación.
Contratación do PXOM.
OFICINA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO E ZONA AMPLIADA:
A oficina ofrece información, realiza a pertinente visita técnica e redacta o correspondente informe sobre a oportunidade da realización das obras consonte á normativa vixente.