Sábado 12, de abril de 2008
AUDITORIO CARMEN ESTÉVEZ – 20:30 €
MAXIA – MAGO TETO .
ENTRADA: 3 €
Sipnose:
MAXIA DE CERCA: Realízase cos espectadores a curta distancia do mago. Require gran precisión e moita psicoloxía. É cecais onde está o porvir da maxia, pois reúne as características máis adecuadas para crear a atmósfera máxica e facer sentir a emoción do MISTERIO. A intimidade, a cercanía e o control absouto polos espectadores son as súas características máis acusadas.
PERTO DE TI é o nome do espectáculo de maxia de cerca do Mago Teto. Pequenos obxectos que fan posibles grandes milagres: cartas que cobran vida nas mans do mago, moedas que danzan entre os dedos, navallas que cambian de cor cunha mirada…, son algunhas das cousas que poden presenciar nesta hora de maxia en estado puro.
Espectáculo pioneiro en Galicia co emprego das técnicas audiovisuais necesarias para que o espectador goce dun show de maxia de cerca en teatros, auditorios,…
|