Inicio    Servizos    Coñecer Vilalba   Novas    Axenda    Documentos    Contratación   
 
Inicio >

Novas




BASES DO CONCURSO DE ENTROIDO 2010

Publicado por: Cultura o 01-Feb-2010

BASES DO CONCURSO DE ENTROIDO 2010

PRIMEIRA:

Establécense as seguintes categorías:

1. GRUPO ESCÉNICO OU CHARANGA. Está formada por un mínimo de 1 0 persoas, tanto adultos como nen@s.

2. INDIVIDUAL. Para persoas maiores de 15 anos.

3. PARELLAS (modalidade de adultos). Para persoas maiores de 15 anos.

4. INDIVIDUAL ou PARELLA INFANTIL E XUVENIL. De 0-10 anos e de 11-15 anos.

SEGUNDA:

Tod@s irán ataviados con vestimenta adecuada ó motivo do Entroido, cun mínimo de calidade, tanto na representación como na vestimenta, sendo un dos requisitos máis valorados levar música.

TERCEIRA:

Tod@s eles farán un desfile pola vila, a partir das 17:30 horas. Será o martes de Entroido, con saída da Rúa Castelao, ó lado da estación de autobuses. Todo aquel/a que non se presente puntualmente quedará excluído do concurso.

CUARTA:

O prazo de inscrición será ata o día 15 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá de luns a venres, de 09:00 a 15:00 horas.

QUINTA:

Hai varios modelos de inscrición:

Modalidade 1:

· Nome da charanga ou grupo escénico.

· Número de participantes.

· Nome e apelidos da persoa que fai a inscrición.

· Enderezo.

· Teléfono de contacto.

Modalidade 2

· Nome e apelidos.

· Disfraz.
Enderezo.

· Teléfono de contacto.

Modalidade 3

· Nome e apelidos.

· Disfraz.

· Enderezo.

· Teléfono de contacto.

Modalidade 4

· Parella ou individual.

· Idade.

· Nome e apelidos.

· Disfraz.

· Enderezo.

· Teléfono de contacto.

SEXTA

Os premios serán outorgados segundo o criterio do Xurado, tendo en conta a orixinalidade e a representación que se faga con motivo do Entroido.

SÉPTIMA

A contía dos premios será a seguinte:

Modalidade de grupo escénico ou charanga:

· 1º premio: 850 euros

· 2º premio: 650 euros

· 3º premio: 450 euros

· Accésit de participación: 120 euros para todas aqueles grupos escénicos e charangas que non acaden premio.

Modalidade individual:

· 1º premio: 120 euros

· 2º premio: 90 euros

· 3º premio: 50 euros

Modalidade de adultos (parellas)

· 1º premio: 200 euros

· 2º premio: 150 euros

· 3º premio: 90 euros

Modalidade individual ou parella infantil e xuvenil:

DE 0-10 ANOS

· 1º premio: vale 35 €

· 2º premio: vale 25 €

· 3º premio: vale 15 €

DE 11-15 ANOS

· 1º premio: 50 euros

· 2º premio: 30 euros

· 3º premio: 20 euros

OITAVA

A composición do Xurado calificador estará composta por un/unha representante de cada un dos medios de comunicación, actuando como Presidente o Concelleiro de Cultura.

 
 Legal    Enlaces    Mapa da Web    Buscar   
 
 
 
© Concello de Vilalba.
A documentación facilitada nesta Web ofrécese a título informativo e non suple
á documentación oficial facilitada polos Órganos Administrativos do Concello de Vilalba.