Inicio    Servizos    Coñecer Vilalba   Novas    Axenda    Documentos    Contratación   
 
Inicio >

Novas




8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Publicado por: CIM o 04-Mar-2010

CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE VILALBA

O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, é un día de reivindicación e compromiso cos dereitos das mulleres en todo o mundo, un día de loita por unha sociedade máis igualitaria e polo tanto máis democrática e xusta.
Trátase dunha data para reflexionar acerca das condicións vitais e laborais das mulleres no mundo e na sociedade na que vivimos.
Dende o Concello de Vilalba, convidámosvos a participar nos actos organizados para conmemorar esta data e así amosar o rexeitamento da nosa cidadanía a calquera forma de discriminación e violencia contra as mulleres para continuar avanzando cara o logro dunha sociedade plenamente igualitaria, onde non teña cabida ningunha forma de discriminación polo feito de ser muller.

PROGRAMA DE ACTOS
PREMA AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN
- PRESENTACIÓN OFICIAL “DO ACORDO INTERINSTITUCIONAL DE COORDINACIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE VILALBA”.
- TEATRO: “BUSCANDO A HILARY”.

PRESENTACIÓN OFICIAL DO “ACORDO INTERINSTITUCIONAL DE COORDINACIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE VILALBA”
DATA: DÍA 8 de marzo ás 19.30 h.
LUGAR: Salón de Actos da Casa da Cultura

PREMA AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN

TEATRO: “BUSCANDO A HILARY”

DATA: DÍA 15 de marzo ás 18.30 h.

LUGAR: Auditorio Municipal

PREMA AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN


 
 Legal    Enlaces    Mapa da Web    Buscar   
 
 
 
© Concello de Vilalba.
A documentación facilitada nesta Web ofrécese a título informativo e non suple
á documentación oficial facilitada polos Órganos Administrativos do Concello de Vilalba.