Inicio    Servizos    Coñecer Vilalba   Novas    Axenda    Documentos   
 
Inicio >

Novas




Obradoiro de corresponsabilidade para homes

Publicado por: CIM o 01-Apr-2008

Unha sociedade plenamente democrática, na que a igualdade sexa real e efectiva, non pode permitir que pesen sobre as mulleres as consecuencias da dobre xornada de traballo (na casa e fora), como ata agora ven sucedendo.
Para erradicar esta situación é necesaria a implicación dos homes nas tarefas do fogar e no reparto de responsabilidades domésticas, por este motivo, en colaboración co Servizo Galego de Igualdade, o Centro de Información ás Mulleres, organiza un OBRADOIRO DE CORRESPOSABILIDADE PARA HOMES.

- O Obradoiro terá lugar os días 17 e 24 de abril de 19.00 a 22.00 h.
- É totalmente gratuíto e o programa é o seguinte:

Día 17 de abril:

Módulo 1: O proceso de socialización de homes e mulleres (1 h).
Módulo 2: Lavado, pranchado e costura (2 h).

Día 24 de abril:

Módulo 3: Reparto de responsabilidades e tarefas no fogar (1 h).
Módulo 4: Cociña (2 h).

- Os interesados poden matricularse, de forma persoal, ou ben por teléfono (982 52 30 32), no Centro de Información ás Mulleres do Concello.

 

MÓVETE DURANTE A FIN DE SEMANA

Publicado por: Deportes o 25-Jan-2008

O concello de Vilalba presentou o venres 25 de xaneiro unha nova proposta deportiva para a fin de semana, esta consiste en tres actividades novidosas no noso pobo: danza do ventre, tiro con arco e capoeira..

A danza do ventre impartirase os sábados 9, 23 de febreiro, 1 e 8 de marzo pola monitora Vanesa Lakshmi en horario de 17 a 20 horas no Centro da Xuventude, en colaboración con Vicepresidencia. Esta actividade ten un límite de prazas de 20 persoas, sendo as datas de inscripción dende o 28 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

Co remate da actividade anterior, dará comezo o tiro con arco impartíndose o 28 e 30 de marzo, 4, 6, 11 e 13 de abril en horario de 20:30 a 22:30 os venres e dende as 11:30 ata as 13:30 os domingos. O prazo de inscripción abrirase o 3 de marzo ata o 12 do mesmo mes, contando con 12 prazas. Alfonso Fernández será o encargado de impartir as clases.

Para rematar este ciclo de actividades, ofertarase durante os sábados 19 e 26 de abril, así como o 3 e 10 de maio un curso de capoeira. Esta actividade non conta con límite de prazas, polo que se dividirá en dous grupos: un para nenos de ata 12 anos en horario de 17 a 18:30; e a partir de 13 anos de 18:30 a 20 horas. O monitor encargado desta actividade é Marcio Torres.

O prezo de inscrición para cada unha destas actividades é de 10 €. Con estas actividades ampríase a oferta deportiva do concello, desenrolada principalmente durante a semana coas escolas deportivas. Por outra banda, hai que salientar que un dos obxetivos, dependendo do éxito desta proposta, é nun futuro dar cabida a algunha destas modalidades nas escolas deportivas anuais.

Cartel Movete

 
 Legal    Enlaces    Mapa da Web    Buscar   
 
 
 
© Concello de Vilalba.
A documentación facilitada nesta Web ofrécese a título informativo e non suple
á documentación oficial facilitada polos Órganos Administrativos do Concello de Vilalba.